Os actos de rúa da Semana Galega
contra a Pobreza aproveitáronse para recoller opinións da cidadanía sobre os
recortes de fondos públicos na cooperación ó desenvolvemento e noutras políticas
sociais. A inmensa maioría concorda en opoñerse a que a corda rache sempre polo
mesmo lado e pronúnciase de xeito claro.
martes, 18 de octubre de 2011
Políticas sociais si
lunes, 17 de octubre de 2011
Que foi do 0,7?
En 2011, o goberno
galego reduciu ata un 40% os orzamentos dedicados a loita contra a
pobreza. Incumpriu, así, un acordo asumido en outubro de 2010 polos
portavoces das tres formacións parlamentarias. Ese acordo, o Pacto
Galego contra a Pobreza, recolle que a Xunta deberá adicar o 0,7% dos
seus orzamentos para axuda ao desenvolvemento.
Hoxe, esa porcentaxe sitúase no 0,06% e, iso, a pesares de que O 72 por cento da cidadanía galega considera que Galicia debería cumprir o compromiso de aportar o 0,7 por cento de fondos para cooperación, aínda en tempos de crise, segundo un recente estudo elaborado pola Universidade de Santiago para a propia Xunta.
Lembramos o que aconteceu durante o último ano e as expectativas dos grandes grupos políticos galegos sobre as axudas ao desenvolvemento.
Hoxe, esa porcentaxe sitúase no 0,06% e, iso, a pesares de que O 72 por cento da cidadanía galega considera que Galicia debería cumprir o compromiso de aportar o 0,7 por cento de fondos para cooperación, aínda en tempos de crise, segundo un recente estudo elaborado pola Universidade de Santiago para a propia Xunta.
Lembramos o que aconteceu durante o último ano e as expectativas dos grandes grupos políticos galegos sobre as axudas ao desenvolvemento.
domingo, 16 de octubre de 2011
Teatro Das Oprimidas: un obradoiro para a integración social.
ACSUR-LAS SEGOVIAS é
unha organización que leva 25 anos adicándose a fometar a
integración e a igualdade social a través tódalas actividades que
levan a cabo.
A súa sede en
Galiza organizou para esta fin de semana un taller que leva por nome
Teatro Das Oprimidas e que forma parte do proxecto TROCANDO PELES
II. Dito proxecto ten coma obxetivo “fomentar o
coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en
distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque
intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria”.
Durante os días
14, 15 e 16 de outubro tivo lugar o obradoiro de iniciación cunha
duración total de 20 horas. Nel, as 24 participantes conseguiron as
ferramentas necesarias para comezar a crear unha obra teatral no eido
das opresións por razón de xénero. A finais deste mes daranse cita
de novo para realizar o taller de nivel avanzado co fin de montar
unha peza final que se vai representar nos centros educativos.
Texto: Sabela Cinza.
Texto: Sabela Cinza.
sábado, 15 de octubre de 2011
A Coruña y Lugo se unen a la demanda solidaria
Semana contra a pobreza en A Coruña 2011 from Antía GP on Vimeo.
Con más de 200 firmas recogidas ya, la Coordinadora Galega de ONGD culminó la Semana contra la Pobreza con dos actos en A Coruña y Lugo. La participación en estas dos ciudades se situó a la altura de Pontevedra y Santiago, llenándose las mesas informativas de gente interesadas en firmar las quejas ante el Valedor do Pobo para exigir responsabilidades a la Xunta sobre los drásticos recortes en las partidas de cooperación y desarrollo.
Aunque la campaña ya estaba captando la atención de los viandantes de la Praza do Obelisco en la ciudad herculina, la participación aumentó gracias al teatro de calle del actor Antonio Coucheiro y su personaje Figani. Con decenas de niños y adultos presentes, hizo reír a la vez que advertía de las consecuencias de dejar de lado a los que más necesitan. Con más de 1.000 millones de personas pasando hambre en el mundo y con situaciones tan graves como la de Somalia o Haití, los ciudadanos rechazan que la Administración gallega haya reducido un 40% el importe que la comunidad destina a la ayuda exterior. Hasta el 17 de octubre seguirán desarrollándose actividades en varias ciudades gallegas para exigir ‘Pobreza Cero
Texto: Laura L.Ruíz
Fotos del acto en Lugo.
Fotos: Iago Viana
viernes, 14 de octubre de 2011
Pontevedra, contra a pobreza
Foto: Xan Xiadas.
A Semana Galega contra a
Pobreza fixo a segunda parada dos seus actos de rúa en Pontevedra,
na Peregrina, onde ducias de persoas asistiron a unha representación
de rúa que tentaba sensibilizar sobre os recortes de fondos públicos
para políticas sociais. O acto, que contou coa asistencia e
implicación de colectivos locais, concluiu coa lectura do manifesto
da Semana e cunha sinatura masiva de protestas dirixidas ao Valedor
do Pobo.
Para hoxe, están
previstos novos actos na Coruña, no Obelisco (18 horas) e en Lugo
(Praza Maior, 19 horas).
Texto:
Agareso
miércoles, 12 de octubre de 2011
Recortes que dan a risa
Foto: Emerson Díaz.
A Coordinadora Galega de
ONG iniciou hoxe unha campaña de teatro de rúa para transmitir, da
man do entretemento e da comedia, a difícil situación pola que
atravesan os proxectos de cooperación ó desenvolvemento e, en
xeral, todas as políticas sociais públicas, afectadas por serios
recortes que, por uns minutos, transfórmanse no espectáculo en
recortes que dan a risa.
“Recortes en educación,
recortes en sanidad, recortes en cooperación –enumeraba hoxe o
actor que protagonizou a actuación en Santiago- Con tanto recorte,
sólo va a quedar dinero para una cosa”, concluía á vez que
botaba man dunha porra e dunha visera de policía, e comezaba a
perseguir ós viandantes.
O espectáculo de
Santiago, que se desenvolveu no entorno da Catedral, contou con
arredor de duascentas persoas entre o público. O acto completouse co
reparto de información sobre a campaña ‘Esixe pobreza cero. A
solidariedade non se recorta’ e coa recollida de ducias de
sinaturas para protestar ante o Valedor do Pobo pola redución de
fondos para a cooperación ó desenvolvemento.
Para mañá xoves ás
seis da tarde, está previsto un novo espectáculo de teatro de rúa
na Praza da Ferrería, en Pontevedra, ás 18 horas.
Texto:
Agareso
martes, 11 de octubre de 2011
As ONGD denuncian os recortes diante do Valedor do Pobo
A
Coordinadora Galega de ONGD
presentou hoxe publicamente a iniciativa “Contra os recortes: envía
a túa queixa ao Valedor do Pobo”, unha campaña aberta ata finais
de ano e coa que se están a denunciar os drásticos recortes levados
a cabo pola Xunta de Galicia en materia de cooperación. En 2011, o
goberno galego reduciu ata un 40% os orzamentos dedicados a loita
contra a pobreza incumprindo de xeito fragrante os acordos asumidos
ata agora. "
Calquera
poboación vulnerable agora o é máis que nunca"
asegurou hoxe a vicepresidenta da Coordinadora, María Paz, pero “ao
longo dos últimos anos estamos asistindo a sucesivos recortes que
están a comprometer o traballo das ONGD e o desenvolvemento de
moitos homes e mulleres en países empobrecidos".
A
iniciativa presentouse coincidindo co
primeiro aniversario da sinatura
do Pacto
Galego contra a Pobreza,
un documento rubricado polos portavoces dos partidos políticos
representados no Parlamento xunto coa Coordinadora e no que se
establece a folla de ruta para acadar unha política de cooperación
de calidade que, ata agora, non foi executada. É por iso que, para
esixir responsabilidades ao executivo galego, xa foron enviadas
centeas de queixas ao Valedor do Pobo. “Pero para demostrar que
somos moitos e moitas as que estamos a favor da xustiza social, a
Coordinadora Galega de ONGD fai un chamamento a toda a cidadanía
galega para que envíe a súa queixa a través da aplicación web que
se atopa en www.galiciasolidaria.org”,
lembrou Paz.
A
presentación da campaña foi a primeira actividade da Semana
Galega de Mobilización contra a Pobreza
que se celebrará do 11 ao 17 de outubro en distintas vilas e cidades
galegas baixo o lema “Esixe Pobreza Cero, a solidariedade non se
recorta!”.
Texto: CONGD Foto y video: Oscar Dacosta
Gobernos versus cidadanía
Foto: Pedro agrelo.
As deficiencias do
sistema de democracia representativa, que saen á luz cando un día
si e outro tamén os que gobernan operan á marxe e mesmo en contra
dos desexos da maioría da cidadanía, plásmanse tamén na
cooperación ó desenvolvemento. O 70,5 por cento da cidadanía
galega avoga por manter (56,4) ou aumentar (14,1) as axudas para
cooperación nos actuais tempos de crise, en tanto só un 16,6 por
cento apoiaría a redución das axudas a raíz da crise, según un
recente estudo sociolóxico elaborado pola Universidade de
Santiago para a Administración autonómica. Frente á opinión
maioritaría da cidadanía galega, a Xunta, sen embargo, reduciu nos
últimos dous anos as axudas a cooperación nun 48 por cento.
O 72 por cento da
cidadanía galega considera ademais que Galicia debería cumprir o
compromiso de aportar o 0,7 por cento de fondos para cooperación
–actualmente a axuda é do 0,06 por cento-; e un 76 por cento das
persoas cre tamén que hai que destinar recursos a axuda sen esperar
a resolver os problemas dos cidadáns dos países ricos.
¿Como é posible, entón,
que a Xunta opere contra o sentir maioritario da poboación? As
propias enquisas do estudo dan a resposta. O 85 por cento das persoas
declara que non sabe como evolucionaron nos últimos dous anos as
axudas a cooperación; un 8,6 por cento cre que se mantiveron
inalteradas e só un 6,1 por cento sabe que se reduciron.
Ese descoñecemento das
partidas adicadas pola Xunta á cooperación acompáñase dun
descoñecemento tamén profundo en torno á propia cooperación ó
desenvolvemento da Administración autonómica. Só o 28,9 por cento
das persoas enquisadas coñecía que a Xunta adicaba esforzos a
cooperación.
Outro dato relevante que
interpela ós axentes de cooperación relaciónase coa opinión da
cidadanía sobre a eficacia da axuda, xa que dous terzos da poboación
galega considera que é pouco (57,4 por cento) ou nada eficaz (10 por
cento).
Comunicar a eficacia da
axuda ou afondar na mesma constitúe, pois, outro reto para o sector.
Se ben, a propia cidadanía apunta que o problema central non é a
eficacia da axuda e coas súas opinións, contribúe a centrar o foco
do problema. Preguntada polas causas da situación dos países
empobrecidos, dous terzos da poboación galega relaciónaa co sistema
económico mundial e coa actuación dos países ricos.
Texto:
Gonzalo Brocos (Agareso)
Os recortes sen voz nin foto
Os
recortes sociais das Administracións, ademais de afectar a campos
coma o laboral, a sanidade ou a educación, tamén se levaron por
diante en Galicia nos últimos dous anos o 48 por cento das axudas a
cooperación para o desenvolvemento. Esa redución da axuda a
cooperación deixa a aportación da Xunta no 0,06 por cento do seu
presuposto, lonxe do 0,7 por cento ao que se comprometeu a avanzar no
Pacto Galego contra a Pobreza, asinado no 2010 polos tres grupos
parlamentarios.
Entre
os recortes, figura a supresión das axudas a emerxencias
humanitarias –como poden ser as de Haití ou Somalia-, inicialmente
dotadas de 300.000 euros. Outro dos recortes reduciu case dous
millóns de euros en cooperación ó desenvolvemento.
A revisión dos proxectos
no exterior que lle foron denegados ás ONG por falta de ornamento no
2010 e no 2011 deixa máis luz que os números sobre as
consecuencias da baixada de fondos. “Loita contra a desnutrición
crónica infantil en Ventanilla, Perú. Causa da denegación:
esgotamento do crédito orzamentario”. “Erradicación do
infanticidio feminino en Salem, India. Causa da denegación:
esgotamento do crédito orzamentario”. “Mellora da atención
sanitaria e reprodutiva en 20 municipios de El Quiché, Guatemala.
Non subvencionado por falta de crédito orzamentario”. E así, ata
35 proxectos denegados que procuraban avances na educación e
capacitación profesional, na atención sanitaria, na mellora da
habitabilidade, no apoio á muller ou no fortalecemento da seguridade
alimentaria e do acceso a auga potable.
A excusa da estabilidade
presupostaria que plantean os gobernos para explicar estes e outros
recortes sociais abre interrogantes sobre que proxectos, onde se
gastan os cartos, poden ser máis importantes que os dereitos sociais
do conxunto de persoas que habitamos no planeta.
Texto:
Gonzalo Brocos (Agareso)
domingo, 9 de octubre de 2011
Un Ano do Pacto Galego contra a Pobreza
Foto: Silvia Muiña
O 16 de outubro de 2010 foi un día histórico para a cooperación galega: os tres voceiros parlamentarios do PPdeG, PSdeG–PSOE e BNG, Manuel Ruiz Rivas, Xaquín Fernández Leiceaga e Carlos Aymerich Cano, respectivamente; e o presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) naquel momento, Xosé Mª Torres Bouza, asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza no Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. O texto do Pacto obriga aos seus asinantes a cumprir unha serie de compromisos políticos, firmes e duradeiros, de loita contra a pobreza e as desigualdades sociais a través do impulso da política galega de cooperación ao desenvolvemento.
A
iniciativa do Pacto foi liderada pola Coordinadora Galega de ONGD a
través da súa Comisión de Incidencia e o Grupo Pobreza Cero. O
texto foi elaborado polas ONGD e o documento definitivo xurdiu do
diálogo e a negociación cos tres grupos parlamentarios. Entre
outros aspectos, o texto do Pacto compromete ás forzas políticas a
“manter un esforzo en materia de Axuda Oficial ao Desenvolvemento
(AOD) que garanta, que antes do remate do 2017, alomenos o 0,7% do
orzamento consolidado da Xunta de Galicia estará adicado a esta
finalidade.”
Para
avaliar o cumprimento destes acordos, debe poñerase en marcha unha
Comisión Extraparlamentaria de Seguimento do Pacto que incluirá ás
forzas políticas asinantes, unha representación da Coordinadora
Galega de ONGD así como “axentes económicos e sociais”. Por
outra banda, os acordos comprometidos coa sinatura do
Pacto serán os próximos anos a folla de ruta do traballo de
incidencia política das ONGD galegas.
Texto: CONGD
Texto: CONGD
100 km Contra a Pobreza
Imaxes: Pedro Agrelo,Chus Álvarez, Paco Rodríguez, Silvia Muiña.
Para
sensibilizar a sociedade galega da necesidade de esixir a clase
política un compromiso na loita contra a pobreza e as desigualdades
sociais, ás ONGD galegas percorreron, entre o 11 e o 16 de outubro
de 2010, 100 km do Camiño de Santiago baixo o lema «100 km x 1
pacto = Pobreza 0».
Foron
seis as etapas percorridas: Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa,
O Pedrouzo e Santiago de Compostela. En todos os municipios, membros
de distintas ONGD levaron a cabo actividades de sensibilización
sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio nos centros
educativos e nas prazas dos concellos, recolleron sinaturas a favor
do 0,7 e leron o Manifesto contra a Pobreza xunto aos alcaldes e
alcaldesas de cada poboación. En total, participaron máis de 500
alumnos/ as de seis escolas e institutos.
O
sábado día 16
de outubro de 2010, dúas horas antes da sinatura do Pacto,
celebrouse unha Marcha contra a Pobreza que reuniu máis de 150
persoas. Os manifestantes camiñaron dende o Monte de O Gozo ata o
Pazo de Fonseca para reclamar a fin das inxustizas sociais. A marcha
finalizou no Pazo de Fonseca onde, dúas horas máis tarde, foi
asinado o Pacto Galego contra a Pobreza..
Texto: CONGD
Texto: CONGD
Suscribirse a:
Entradas (Atom)