domingo, 16 de octubre de 2011

Teatro Das Oprimidas: un obradoiro para a integración social.


ACSUR-LAS SEGOVIAS é unha organización que leva 25 anos adicándose a fometar a integración e a igualdade social a través tódalas actividades que levan a cabo.
A súa sede en Galiza organizou para esta fin de semana un taller que leva por nome Teatro Das Oprimidas e que forma parte do proxecto TROCANDO PELES II. Dito proxecto ten coma obxetivo “fomentar o coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria”.
Durante os días 14, 15 e 16 de outubro tivo lugar o obradoiro de iniciación cunha duración total de 20 horas. Nel, as 24 participantes conseguiron as ferramentas necesarias para comezar a crear unha obra teatral no eido das opresións por razón de xénero. A finais deste mes daranse cita de novo para realizar o taller de nivel avanzado co fin de montar unha peza final que se vai representar nos centros educativos.
Texto: Sabela Cinza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario