martes, 18 de octubre de 2011

Políticas sociais si

Os actos de rúa da Semana Galega contra a Pobreza aproveitáronse para recoller opinións da cidadanía sobre os recortes de fondos públicos na cooperación ó desenvolvemento e noutras políticas sociais. A inmensa maioría concorda en opoñerse a que a corda rache sempre polo mesmo lado e pronúnciase de xeito claro.

lunes, 17 de octubre de 2011

Que foi do 0,7?


En 2011, o goberno galego reduciu ata un 40% os orzamentos dedicados a loita contra a pobreza. Incumpriu, así, un acordo asumido en outubro de 2010 polos portavoces das tres formacións parlamentarias. Ese acordo, o Pacto Galego contra a Pobreza, recolle que a Xunta deberá adicar o 0,7% dos seus orzamentos para axuda ao desenvolvemento. 
Hoxe, esa porcentaxe sitúase no 0,06% e, iso, a pesares de que O 72 por cento da cidadanía galega considera que Galicia debería cumprir o compromiso de aportar o 0,7 por cento de fondos para cooperación, aínda en tempos de crise, segundo un recente estudo elaborado pola Universidade de Santiago para a propia Xunta.
Lembramos o que aconteceu durante o último ano e as expectativas dos grandes grupos políticos galegos sobre as axudas ao desenvolvemento.

domingo, 16 de octubre de 2011

Teatro Das Oprimidas: un obradoiro para a integración social.


ACSUR-LAS SEGOVIAS é unha organización que leva 25 anos adicándose a fometar a integración e a igualdade social a través tódalas actividades que levan a cabo.
A súa sede en Galiza organizou para esta fin de semana un taller que leva por nome Teatro Das Oprimidas e que forma parte do proxecto TROCANDO PELES II. Dito proxecto ten coma obxetivo “fomentar o coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria”.
Durante os días 14, 15 e 16 de outubro tivo lugar o obradoiro de iniciación cunha duración total de 20 horas. Nel, as 24 participantes conseguiron as ferramentas necesarias para comezar a crear unha obra teatral no eido das opresións por razón de xénero. A finais deste mes daranse cita de novo para realizar o taller de nivel avanzado co fin de montar unha peza final que se vai representar nos centros educativos.
Texto: Sabela Cinza.

sábado, 15 de octubre de 2011

A Coruña y Lugo se unen a la demanda solidaria


Semana contra a pobreza en A Coruña 2011 from Antía GP on Vimeo.

Con más de 200 firmas recogidas ya, la Coordinadora Galega de ONGD culminó la Semana contra la Pobreza con dos actos en A Coruña y Lugo. La participación en estas dos ciudades se situó a la altura de Pontevedra y Santiago, llenándose las mesas informativas de gente interesadas en firmar las quejas ante el Valedor do Pobo para exigir responsabilidades a la Xunta sobre los drásticos recortes en las partidas de cooperación y desarrollo. 
Aunque la campaña ya estaba captando la atención de los viandantes de la Praza do Obelisco en la ciudad herculina, la participación aumentó gracias al teatro de calle del actor Antonio Coucheiro y su personaje Figani. Con decenas de niños y adultos presentes, hizo reír a la vez que advertía de las consecuencias de dejar de lado a los que más necesitan. Con más de 1.000 millones de personas pasando hambre en el mundo y con situaciones tan graves como la de Somalia o Haití, los ciudadanos rechazan que la Administración gallega haya reducido un 40% el importe que la comunidad destina a la ayuda exterior. Hasta el 17 de octubre seguirán desarrollándose actividades en varias ciudades gallegas para exigir ‘Pobreza Cero
Texto: Laura L.Ruíz 
 
    Fotos del acto en Lugo.

Fotos: Iago Viana
 
 

viernes, 14 de octubre de 2011

Pontevedra, contra a pobreza

    Foto: Xan Xiadas.

A Semana Galega contra a Pobreza fixo a segunda parada dos seus actos de rúa en Pontevedra, na Peregrina, onde ducias de persoas asistiron a unha representación de rúa que tentaba sensibilizar sobre os recortes de fondos públicos para políticas sociais. O acto, que contou coa asistencia e implicación de colectivos locais, concluiu coa lectura do manifesto da Semana e cunha sinatura masiva de protestas dirixidas ao Valedor do Pobo.

Para hoxe, están previstos novos actos na Coruña, no Obelisco (18 horas) e en Lugo (Praza Maior, 19 horas).

Texto: Agareso



miércoles, 12 de octubre de 2011

Recortes que dan a risa

    Foto: Emerson Díaz.

A Coordinadora Galega de ONG iniciou hoxe unha campaña de teatro de rúa para transmitir, da man do entretemento e da comedia, a difícil situación pola que atravesan os proxectos de cooperación ó desenvolvemento e, en xeral, todas as políticas sociais públicas, afectadas por serios recortes que, por uns minutos, transfórmanse no espectáculo en recortes que dan a risa.

“Recortes en educación, recortes en sanidad, recortes en cooperación –enumeraba hoxe o actor que protagonizou a actuación en Santiago- Con tanto recorte, sólo va a quedar dinero para una cosa”, concluía á vez que botaba man dunha porra e dunha visera de policía, e comezaba a perseguir ós viandantes.

O espectáculo de Santiago, que se desenvolveu no entorno da Catedral, contou con arredor de duascentas persoas entre o público. O acto completouse co reparto de información sobre a campaña ‘Esixe pobreza cero. A solidariedade non se recorta’ e coa recollida de ducias de sinaturas para protestar ante o Valedor do Pobo pola redución de fondos para a cooperación ó desenvolvemento.

Para mañá xoves ás seis da tarde, está previsto un novo espectáculo de teatro de rúa na Praza da Ferrería, en Pontevedra, ás 18 horas.

Texto: Agareso

martes, 11 de octubre de 2011

As ONGD denuncian os recortes diante do Valedor do Pobo



A Coordinadora Galega de ONGD presentou hoxe publicamente a iniciativa “Contra os recortes: envía a túa queixa ao Valedor do Pobo”, unha campaña aberta ata finais de ano e coa que se están a denunciar os drásticos recortes levados a cabo pola Xunta de Galicia en materia de cooperación. En 2011, o goberno galego reduciu ata un 40% os orzamentos dedicados a loita contra a pobreza incumprindo de xeito fragrante os acordos asumidos ata agora. " Calquera poboación vulnerable agora o é máis que nunca" asegurou hoxe a vicepresidenta da Coordinadora, María Paz, pero “ao longo dos últimos anos estamos asistindo a sucesivos recortes que están a comprometer o traballo das ONGD e o desenvolvemento de moitos homes e mulleres en países empobrecidos".



A iniciativa presentouse coincidindo co primeiro aniversario da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza, un documento rubricado polos portavoces dos partidos políticos representados no Parlamento xunto coa Coordinadora e no que se establece a folla de ruta para acadar unha política de cooperación de calidade que, ata agora, non foi executada. É por iso que, para esixir responsabilidades ao executivo galego, xa foron enviadas centeas de queixas ao Valedor do Pobo. “Pero para demostrar que somos moitos e moitas as que estamos a favor da xustiza social, a Coordinadora Galega de ONGD fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que envíe a súa queixa a través da aplicación web que se atopa en www.galiciasolidaria.org”, lembrou Paz.

A presentación da campaña foi a primeira actividade da Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza que se celebrará do 11 ao 17 de outubro en distintas vilas e cidades galegas baixo o lema “Esixe Pobreza Cero, a solidariedade non se recorta!”.

Texto: CONGD     Foto  y video: Oscar Dacosta

Gobernos versus cidadanía

  
    Foto: Pedro agrelo.
 
As deficiencias do sistema de democracia representativa, que saen á luz cando un día si e outro tamén os que gobernan operan á marxe e mesmo en contra dos desexos da maioría da cidadanía, plásmanse tamén na cooperación ó desenvolvemento. O 70,5 por cento da cidadanía galega avoga por manter (56,4) ou aumentar (14,1) as axudas para cooperación nos actuais tempos de crise, en tanto só un 16,6 por cento apoiaría a redución das axudas a raíz da crise, según un recente estudo sociolóxico elaborado pola Universidade de Santiago para a Administración autonómica. Frente á opinión maioritaría da cidadanía galega, a Xunta, sen embargo, reduciu nos últimos dous anos as axudas a cooperación nun 48 por cento.

O 72 por cento da cidadanía galega considera ademais que Galicia debería cumprir o compromiso de aportar o 0,7 por cento de fondos para cooperación –actualmente a axuda é do 0,06 por cento-; e un 76 por cento das persoas cre tamén que hai que destinar recursos a axuda sen esperar a resolver os problemas dos cidadáns dos países ricos.

¿Como é posible, entón, que a Xunta opere contra o sentir maioritario da poboación? As propias enquisas do estudo dan a resposta. O 85 por cento das persoas declara que non sabe como evolucionaron nos últimos dous anos as axudas a cooperación; un 8,6 por cento cre que se mantiveron inalteradas e só un 6,1 por cento sabe que se reduciron.

Ese descoñecemento das partidas adicadas pola Xunta á cooperación acompáñase dun descoñecemento tamén profundo en torno á propia cooperación ó desenvolvemento da Administración autonómica. Só o 28,9 por cento das persoas enquisadas coñecía que a Xunta adicaba esforzos a cooperación.

Outro dato relevante que interpela ós axentes de cooperación relaciónase coa opinión da cidadanía sobre a eficacia da axuda, xa que dous terzos da poboación galega considera que é pouco (57,4 por cento) ou nada eficaz (10 por cento).

Comunicar a eficacia da axuda ou afondar na mesma constitúe, pois, outro reto para o sector. Se ben, a propia cidadanía apunta que o problema central non é a eficacia da axuda e coas súas opinións, contribúe a centrar o foco do problema. Preguntada polas causas da situación dos países empobrecidos, dous terzos da poboación galega relaciónaa co sistema económico mundial e coa actuación dos países ricos.

Texto: Gonzalo Brocos (Agareso)